Bienvenidos a nuestra Web


Añadir a favoritos

Otros servicios

Acceso usuarios

Usuario

Contraseña

Header
Viernes, 19 de abril de 2024
Noticia
CONVOCATORIA DE PROBAS
CONVOCADAS AS PROBAS ESPECÍFICAS PARA ADESTRADORES DE FÚTBOL SALA
Comunícolles que hoxe publicouse a Resolución do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.

O DOGA número 76 do 21 de abril de 2022, publícase a resolución do 7 de abril, relativo ás probas de acceso ás ensinanzas deportivas.

1.- Recórdolles que coa LO 3/2020, do 29 de decembro (LOMLOE) modificouse a idade de acceso para realizar a proba substitutiva do requisito de titulación. As persoas que non teñan os 19 anos cumpridos no 2022 non se poden matricular da proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato.


2.- Nesta convocatoria hai cambios importantes:

- hai dúas datas de inscrición diferentes para o alumnado que se presente as probas substitutivas do requisito de titulación e as probas específicas: unha remata o 23 de maio e a outra o 29 de xuño.

- cambian os lugares e as datas das probas substitutivas do requisito de titulación de ESO e de bacharelato.

- As probas de acceso específicas serán en xullo. Na modalidade de fútbol sala no IES Sánchez Cantón en Pontevedra, o día 15 de xullo, ás 10.00 horas.

No seguinte link do portal educativo está a resolución: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36808