Bienvenidos a nuestra Web


Añadir a favoritos

Otros servicios

Acceso usuarios

Usuario

Contraseña

Header
Martes, 29 de noviembre de 2022
Noticia
CONVOCAT. EXTRAORDINARIA
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA AS PROBAS ESPECÍFICAS PARA ADESTRADORES DE FÚTBOL SALA NIVEL 1
Comunícolles que publicouse a Resolución do 22 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas Extraordinarias de acceso ao Nivel 1 de grao medio das ensinanzas conducentes á obtención do título de Técnico deportivo na modalidade de Fútbol sala solicitada polo Centro Autorizado de Fútbol Sa
Contenidos
Importante

Tendo en conta a flexibilidade na oferta educativa de ensinanzas deportivas recollida na normativa, e co fin de non causar prexuízo ao alumnado que desexa cursar estudos en dito centro, esta dirección xeral RESOLVE convocar, con carácter extraordinario, a proba de carácter específico de acceso ao nivel I de grao medio de Técnico deportivo de Fútbol sala, que se realizará de acordo ao seguinte:

-A proba terá lugar nas instalacións da Cidade Deportiva de Riazor de A Coruña (Rúa Manuel Murguía s/n, 15011 A Coruña),o día 17 de outubro, luns, ás 09:00 horas.

-So poderán inscribirse na proba específica as persoas aspirantes que reúnan os requisitos académicos establecidos para poder cursar estas ensinanzas (Resolución do 7 de abril de 2022).

-A inscrición para a realización da devandita proba deberá formalizarse na secretaría do IES Politécnico de Vigo (Rúa Torrecedeira 88, 36208 Vigo) ata o 7 de outubro, presentando a documentación establecida na citada Resolución do 7 de abril de 2022.

-As persoas aspirantes deberán aboar os prezos públicos de acordo co establecido no Decreto 89/2013, do 13 de xuño, para este tipo de probas.

-A listaxe provisional das persoas admitidas publicarase o 10 de outubro no taboleiro de anuncios e na páxina web do IES Politécnico de Vigo.

-As reclamacións á listaxe provisional das persoas admitidas e a entrega da documentación que se lles requira aos/ás aspirantes realizarase ata o día 13 de outubro a través da secretaría do citado IES.

-A listaxe definitiva das persoas admitidas publicarase o 14 de outubro no taboleiro de anuncios e na páxina web do IES Politécnico de Vigo.

-A listaxe provisional de cualificacións das persoas aspirantes publicarase o día 18 de outubro no taboleiro de anuncios e na páxina web do IES Politécnico de Vigo.

-As reclamacións á listaxe provisional de cualificacións realizaranse ata o día 20 de outubro a través da secretaría do citado IES.

-A listaxe definitiva das cualificacións das persoas aspirantes publicarase o día 21 de outubro no taboleiro de anuncios e na páxina web do citado IES.