Bienvenidos a nuestra Web


Añadir a favoritos

Otros servicios

Acceso usuarios

Usuario

Contraseña

Header
Sábado, 20 de julio de 2024
Noticia
CONVOCAT. EXTRAORDINARIA
2023 CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA AS PROBAS ESPECÍFICAS PARA ADESTRADORES DE FÚTBOL SALA NIVEL 1
Comunícolles que publicouse a Resolución do 30 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas Extraordinarias de acceso ao Nivel 1 de grao medio das ensinanzas conducentes á obtención do título de Técnico deportivo na modalidade de Fútbol sala solicitada polo Centro Autorizado.
Contenidos
Importante

Tendo en conta a flexibilidade na oferta educativa de ensinanzas deportivas recollida na normativa, e co fin de non causar prexuízo ao alumnado que desexa cursar estudos en dito centro, esta dirección xeral RESOLVE convocar, con carácter extraordinario, a proba de carácter específico de acceso ao nivel I de grao medio de Técnico deportivo de Fútbol sala, que se realizará de acordo ao seguinte:

-A proba terá lugar nas instalacións deportivas do Colexio San José de Cluny  (Rúa Carballo nº 46, 36204 Vigo),o día 04 de outubro, mércores, ás 09:00 horas.

-So poderán inscribirse na proba específica as persoas aspirantes que reúnan os requisitos académicos establecidos para poder cursar estas ensinanzas (Resolución do 4 de abril de 2023).

-A inscrición para a realización da devandita proba deberá formalizarse na secretaría do IES Politécnico de Vigo (Rúa Torrecedeira 88, 36208 Vigo) ata o 20 de setembro, presentando a documentación establecida na citada Resolución do 4 de abril de 2023.

-As persoas aspirantes deberán aboar os prezos públicos de acordo co establecido no Decreto 89/2013, do 13 de xuño, para este tipo de probas.

-A listaxe provisional das persoas admitidas publicarase o 28 de setembrono taboleiro de anuncios e na páxina web do IES Politécnico de Vigo.

-As reclamacións á listaxe provisional das persoas admitidas e a entrega da documentación que se lles requira aos/ás aspirantes realizarase ata o día 02 de outubro a través da secretaría do citado IES.

-A listaxe definitiva das persoas admitidas publicarase o 03 de outubro no taboleiro de anuncios e na páxina web do IES Politécnico de Vigo.

-A listaxe provisional de cualificacións das persoas aspirantes publicarase o día 05 de outubro no taboleiro de anuncios e na páxina web do IES Politécnico de Vigo.

-As reclamacións á listaxe provisional de cualificacións realizaranse ata o día 09 de outubro a través da secretaría do citado IES.

-A listaxe definitiva das cualificacións das persoas aspirantes publicarase o día 10 de outubro no taboleiro de anuncios e na páxina web do citado IES.